REVISTA | Futbol Femenino Galego

Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp

Ano VIII. Novembro, 2020. Número 86


EDITORIAL

Hai unha frase recorrente en España que di que lo que mal comienza, mal acaba. Ten isto que ver co irregular comezo do campionato ligueiro de Primeira División. Desde algún lugar criticouse, e critícase, o desenvolvemento do mesmo, que xera inxustizas permitindo que dous rivais confronten con moitos días de descanso sobre outro en bastantes xornadas. Tamén é inxusto que un equipo nunca saiba cal é a súa situación real na táboa, agás os que perden todo, ou case todo, e os que gañan case todo, porque eses teñen absoluta certeza de que están abaixo ou arriba. Podemos estar de acordo en que as cousas poden facerse mellor, porque case sempre hai fórmulas mellorables, pero con todo iso, sabendo que esta temporada sería case seguro que deberiamos vernos sometidos aos condicionantes da covid-19, para todos os que ven inxustizas na situación do campionato a pregunta é: Que é máis inxusto, o desigual desenvolvemento do torneo, ou que non houbese competición? Os que cuestionamos a desigualdade de criterio entre o masculino e o feminino en canto á decisión de continuar e rematar, segundo a condición xenérica, base organizativa e categoría laboral, penso que deberiamos aceptar a inxustiza que estamos percibindo por riba doutra maior, que sería a da suspensión por un ano da competición feminina, sempre tendo en conta que a saúde é o primeiro e debe ser o criterio determinante sobre o que se tomen as decisións.
Tamén chegou a hora de criticar o exceso de des- censos desta campaña e iso que acabamos de cele- brar as primeiras xornadas. Os que comezan a ver- lle as orellas ao lobo son os que claman sobre esta desproporción. Que repetitivo é o fútbol! Desde as primeiras polémicas sobre os ascensos e descensos, que datan dos propios campionatos rexionais, mesmo anteriores á Liga masculina 1928/29, o mundo de intereses subxectivos tenta condicionar a lóxica. A barbaridade non está no excesivo, e nece- sario, volume de equipos que quedaran por abaixo da liña vermella esta temporada, a barbaridade es- tivo en permitir unha Liga de 18 –e isto serve tamén para o parágrafo anterior – aceptando que ninguén baixara na pasada. Carlos Castro – Director de RFFG


DESCARGA AQUÍ A REVISTA DO FÚTBOL GALEGO


Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp