Revista do Fútbol Feminino Galego

Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp

Descarga aquí la revista del fútbol femenino gallego

La mejor y más efectiva publicidad on line para tu negocio está AQUI

O fútbol galego divídese. Existe unha sensación  cada vez máis ampla de que este ano debería  suspenderse a competición autonómica. Porén, esa  solución non pasa pola cabeza dos dirixentes da  R.F.G.F.. O relato da ciencia fala que, malia que  haxa unha vacina contra a covid-19, vai pasar un  tempo para que volvamos á normalidade. A  vontade de parte dos clubs galegos e a da  federación é discordante. A conclusión dos  primeiros leva a unha consecuencia lóxica. Se o  principal é salvagardar a saúde e se a ciencia fala de que non haberá seguridade até pasados meses  desde que todos nos vacinemos, este ano non  deberá haber competicións. Premisas e conclusións  non dan saltos lóxicos. Por outro lado, se o  pensamento federativo dá un salto lóxico evitando  a contradición da segunda premisa, para concluír  que o “show must go on”, seguindo con esta póla  da filosofía entendemos que tamén é lóxico que  moitos clubs só vexan que o interese federativo,  nesta situación de inseguridade, teña un sentido  pecuniario por riba da saúde e do deporte. Que  pasará? Probablemente teñamos o desenlace no  próximo capítulo.  

Non está sendo un bo ano para os nosos principais  equipos. O Deportivo continúa batendo marcas  negativas no que xa será o peor ano da súa historia en canto a derrotas e o Friol navega sen un rumbo  que permita ver o seu futuro deportivo con  tranquilidade. O probable é que compita pola  permanencia, algo que se albisca sen que a  competición chegue aínda ao seu ecuador.  

Malia todo, o momento máis transcendente do  fútbol galego tivo unha protagonista inesperada.  Pau Dapena. O seu xesto, ausente do minuto de  silencio en memoria do finado Maradona nun  amigable entre o Deportivo e o Viajes Interrías  acabou sendo obxecto de comentarios en todos os  continentes.  

Tiñamos unha débeda con Andrea Mirón. A vi guesa é desas futbolistas indispensables. A súa am pla traxectoria e a riqueza de vivencias, no fútbol e  no fútbol praia, facían moi atractiva unha entrevista  con ela. Por fin chegou o día e, tal como ela é, aí a  temos, sen agocharse, profunda e sincera!  

Carlos Castro

Director da revista RFFG


Share on facebook
Share on google
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp