Descarga aquí la revista del fútbol femenino gallego
La mejor y más efectiva publicidad on line para tu negocio está AQUI
O fútbol galego divídese. Existe unha sensación cada vez máis ampla de que este ano debería suspenderse a competición autonómica. Porén, esa solución non pasa pola cabeza dos dirixentes da R.F.G.F.. O relato da ciencia fala que, malia que haxa unha vacina contra a covid-19, vai pasar un tempo para que volvamos á normalidade. A vontade de parte dos clubs galegos e a da federación é discordante. A conclusión dos primeiros leva a unha consecuencia lóxica. Se o principal é salvagardar a saúde e se a ciencia fala de que non haberá seguridade até pasados meses desde que todos nos vacinemos, este ano non deberá haber competicións. Premisas e conclusións non dan saltos lóxicos. Por outro lado, se o pensamento federativo dá un salto lóxico evitando a contradición da segunda premisa, para concluír que o “show must go on”, seguindo con esta póla da filosofía entendemos que tamén é lóxico que moitos clubs só vexan que o interese federativo, nesta situación de inseguridade, teña un sentido pecuniario por riba da saúde e do deporte. Que pasará? Probablemente teñamos o desenlace no próximo capítulo.
Non está sendo un bo ano para os nosos principais equipos. O Deportivo continúa batendo marcas negativas no que xa será o peor ano da súa historia en canto a derrotas e o Friol navega sen un rumbo que permita ver o seu futuro deportivo con tranquilidade. O probable é que compita pola permanencia, algo que se albisca sen que a competición chegue aínda ao seu ecuador.
Malia todo, o momento máis transcendente do fútbol galego tivo unha protagonista inesperada. Pau Dapena. O seu xesto, ausente do minuto de silencio en memoria do finado Maradona nun amigable entre o Deportivo e o Viajes Interrías acabou sendo obxecto de comentarios en todos os continentes.
Tiñamos unha débeda con Andrea Mirón. A vi guesa é desas futbolistas indispensables. A súa am pla traxectoria e a riqueza de vivencias, no fútbol e no fútbol praia, facían moi atractiva unha entrevista con ela. Por fin chegou o día e, tal como ela é, aí a temos, sen agocharse, profunda e sincera!
Carlos Castro
Director da revista RFFG